Nov
25
O partido era unha festa
- POSTED BY Mundus IN Artículos periodísticos | Elecciones | Movimientos | Partidos | Política
O triunfo de Mamdani é un sinal dos tempos. A lección é evidente: Trump non é invencíbel. Gañóuselle na sua propia casa e agora comeza o máis interesante, pois, ao cabo, se Mamdani consegue levar adiante o prometido (algo básico mais imposíbel de imaginar nos tempos que corren), hai un grande cambio por vir.
Mais para derrotar a nova ultradereita compre entender o que foron as mutacións na constitución material dos últimos tempos. E non nun sentido limitado (estrictamente material) senón en como esta transformación da materialidade foi esgotando as gañas de viver. Compre repensar hoxe o partido e declinalo como a «festa» que pode ser.
Sobre isto veño de escreber na revista Luzes



