Raimundo Viejo Viñas

Profesor, autor, traductor, editor, ciudadano activo y mucho más.

Mar

11

O BNG perante a proposta Rufián


O encontro de Gabriel Rufián com Emilio Delgado baixo a batuta da xornalista Sarah Santaolalla, obtivo unha serie de rápidas respostas por parte das diferentes organizacións nacionalistas. As dúas principais formacións da esquerda nacionalista en Galiza (BNG) y Euskadi (Bildu) liquidaron rápido o que, porén, merece un debate mais sosegado e menos identitario.

Ao cabo non estamos perante un centrodereita amábel que vaia aplicar medidas privatizadoras tendo en consideración os efectos sociais. O ascenso ao poder do trumpismo ten devolto España á casella das últimas eleccións. Grazas á maratón electoral que aprobou o PP, Vox vaise situar na fronteira do 20%. Pola contra, do outro lado, que en 2023 estaban empatados con Vox, non hai sinais de actividade intelixente: repiten os mesmos falsos mantras (dicen que gañaron as eleccións mesmo se perderon votos e escanos) como se non pasar ren. E namentras seguen a tirar das mesmas vellas fórmulas.

Así as cousas os nacionalismos non acertan tampouco se perante o auxe da ultradereita pensan que o Estado autonómico, do que son resultado, vai sobrevivir. O proxecto de Vox (e non poucos no PP) pasa por liquidar as bases institucionais do poder dos nacionalismos. Inxenuamente hai nacionalistas que pensan que se xa resistiron unha vez, resistirán de novo. E moito me temo que nen é o caso, nen é o discurso que se precisa nestes momentos.

Escrevo sobre todo isto a miña contribución no Luzes.