Raimundo Viejo Viñas

Autor, profesor, editor, ciudadano activo, papá y mucho más.

Feb

07

[ gz ] Xornadas sobre asemblearismo e movimentos sociais


Entre os vindeiros dias 26 e 30 de marzo terán lugar na Faculdade de Ciências Políticas e Sociais unhas xornadas sobre asemblearismo e movimento estudantil. Velaqui o programa:

1ª Xornada (Luns 26) “Principios teóricos do asemblearismo”

16:00-18:00 Novas formas de antagonismo no capitalismo cognitivo (a universidade post-fordista a emerxencia do cognitariado…) Raimundo Viejo (Professor visitant a la Universitat Pompeu Fabra (UPF) de Barcelona)

18:00-20:00 Movimento estudantil e movimentos sociais: a política das multitudes. José Ángel Brandariz (Profesor da Universidade de A Coruña (UDC))

20:00-22:00 Enfoques teóricos da democracia participativa. Marta Lois
(Profesora da Universidade de Santiago de Compostela (USC)) (Esta conferencia será cambiada a outra data ainda por confirmar)

2ª Xornada (Martes 27) “O asemblearismo coma movemento social”

12:00-14:00 A Alternativa dos Veciños de Oleiros. Angel García Seoane (alcalde de Oleiros)

16:30-18:30 Movementos alternativos en Italia. Francesco Raparelli (Desobedienti Roma)

18:30-20:30 Experiencia sobre o cooperativismo. Coordenadora galega de Cooperativas. Mar Pernas (Unión de Cooperativas de Trabajo Asociado UGACOTA).

3ª Xornada (Mércores 28) “O asemblearismo coma movemento estudantil(1): o movemento anti-LOU un exemplo historico de organización asemblear”

16:00-18:00 O movemento anti-LOU significado social e político. Iván Júlio Ramos Martínez (Licenciado en Socioloxía pola Universidade de A Coruña (UDC))

18:00-20:00 O movemento estudantil anti-LOU en Compostela. Interverán tres compañeiros que viviron a LOU en Compostela explicándonos as súas experiencias en feitos concretos desta movilización:

– O peche de Filoloxía. Pablo Marterana (Nahuel) (Estudante de Bioloxía (USC))
– A Coordenadora da Asemblea de Estudantes de Compostela. Iago Fernández (Estudante de Física (USC))
– Os disturbios do 14, 15, 17 de Febreiro. Ignacio Lugilde (Estudante de Ciencias Políticas USC))

20:00-22:00:
– A creación e traxectoria do grupo de profesores Mazarelos. Isabel Diz (Profesora da Universidade de Santiago de Compostela (USC))
– A experiencia do movemento anti-LOU en Madrid. Roi Ribeira (Estudou na Universidad Complutense de Madrid (UCM) e participou nos CAEF)
– A experincia do movemento anti-LOU en Barcelona.

4ª Xornada (Xoves 29) “O asemblearismo coma movemento estudantil (2): experiencias asemblearias no ámbito universitario”

12:00-14:00 “Problemas e virtudes dos movimentos antiglobalización”. Carlos Taibo (Profesor de la Universidad Autonoma de Madrid (UAM))

16:00-18:00 A Coordenadora Interasemblear de Compostela

18:00-20:00 Explicarán brevemente as experiencias e a situación da súa asemblea compañeiras/os de: Asemblea de Bioloxía, Asemblea de Físicas, Piratas da Ría, Asemblea de Estudantes de Ciencias Políticas, Asemblea de Farmacia, Asemblea de Dereito, Asemblea de Traballo Social.

20:00-22:00 Mesa redonda arredor dos puntos nos que existe disparidade de
funcionamento e incluso ideoloxía entre as distintas asembleas.

5ª Xornada (Venres 30) “O futuro do asemblearismo”

16:30-19:00 Proxección do filme “La Toma” (Sebastián Wainstein, Argentina 2000) e debate posterior.
19:00-21:00 Mesa redonda sobre o futuro do asemblearismo. Marta Lois, un compañeir@ da Asemblea de Estudantes de Ciencias Políticas

Deja un comentario