Mar
03
[ gz ] Bartleby en Galiza
- POSTED BY Mundus IN Sin categoría
Traducido ao galego por Xosé Dorrío
Non son poucos os seguidores e defensores do bipartito que se quedaron de pedra logo dos resultados electorais de onte. Querían caldo (gañar subindo a participación) e tiveron dúas tazas. Non deixa un de sorprenderse ó ver ata que punto confunde algunha xente desexos e realidades, proxectos políticos e identidades persoais.
En toda esta frustración hai sen dúbida moito narcisismo, pero sobre todo, pouca comprensión dos cambios políticos da última década. E a pesar de que un leva todo este tempo insistindo en que a política do movemento transformou e continuará transformando o panorama político, os que aspiran a ser a interface representativa das loitas sociais nas institucións do gobierno representativo (os que o fan honestamente, queremos dicir) non parecen querer darse conta. Tanto peor… para cantos padecemos as consecuencias das políticas neoliberais (e non só para os que fixeron campaña).
Intentemos explicalo unha vez máis, a ver si a forza de fracasos conseguen extraer algo en positivo: a política do partido non se move por sí soa. Ainda que o goberno representativo e as maquinarias electorais xeren a impresión de que o xogo dos votos é un sistema autopoético, nada máis lonxe da realidade. E o que é máis importante, cada vez máis lonxe da realidade, pois a política do movemento segue progresando e a dependencia da política de partido é cada vez maior.
Di o dito que non hai peor cego que o que non quere ver. Pero si se buscan, as evidencias están aí, á vista de quen queira. Un exemplo ben sinxelo (especialmente útil para os socialistas): nas derradeiras eleccións o seu lema de campaña foi “movo-me” con variantes como “movo-me por Galiza” o “movo-me por ti” (ainda que escrito en galego normativo, claro). Indudablemente, os responsables da campaña entón intuiron ben a potencia da política do movemento. Claro que tampouco era para tanto tendo en conta que se acababa de alcanzar o intre álxido dunha ola de movilizacións (LOU, Prestige, Guerra, etc.). Nestas eleccións, polo contrario, o lema foi “O Presidente”, como si Touriño non acadase o poder polo efecto do “hai que bota-los”.
Nas eleccións de onte, subiu a participación e o PP ganou. Non poucos comentaristas resucitaron para a ocasión o mito da Galiza ignorante, rural e caciquil, que despertaría para a ocasión. Pero reducir a Feijoo a isto é entender ben pouco ou nada. Algo xa non funciona nestes comentarios para o país de Nunca Máis.
Fai un par de semanas, de feito, dende a política do movemento advertíase, ante o comezo das elecciones, que: “governe quem governe, Galiza nom se vende”. O igual que o Bartleby de Melville, o escriba que gobernaba dende a potencia e non dende o acto, miles de manifestantes fixeron saber ó bipartito: preferiríamos non ter que… volver a soportar ó PP cuatro anos máis. Pero si non nos dades máis alternativa que os parques eólicos, reganosa e todo o demais, ó final teremos que porvos de patiñas na rúa.
Dito e feito. Visto que contra o PP conflictuades mellor, de volta á oposición. Así di hoxe a voz da multitude. Unha multitude que ata agora tivera que valerse por sí mesma, unha multitude entre a que non hai poucos que creran convinte votar ó bipartito. Pero unha mesma multitude dentro da cal habitan os perxudicados da súa ineficacia política, do seu clientelismo, do seu mesmo facer que o PP; unha multitude que loitou, loita e seguirá loitando, unha multitude que tivo que emigrar, soportar a precariedade, o sexismo, a contaminación, o feismo e a destrucción xeralizada do país; unha multitud que non creu en ningún intre –nin dende o primeiro día do goberno de Touriño e o seu subalterno– as promesas electorais, pois sabía que o único que importaba era o “hai que bota-los” e que “Galiza nom se vende”; unha multitude, en fin, que sabe esperar paciente a que aprendan a facer as cousas como se ten que facer, sen corruptelas, sen cacicadas, sen autoritarismo.
Sone, pois, ben alto e claro o himno de Galiza, nación triste da multitude: “imbéciles e escuros, nom nos entendem, nom!”.