Raimundo Viejo Viñas

Profesor, autor, traductor, editor, ciudadano activo y mucho más.

Mar

26

O que non pode durar


A esquerda e os vindeitos retos electorais

As catro eleccións que o PP adiantou para facer de 2026 un ano de primarias para as xerais, están amosando ser unha debacle terminal para a «esquerda máis á esquerda». A palabra «unidade» aparece aquí como cada vez que unha facción quer hexemonizar ao resto e se leva por diante a propia posibilidade de mellorar resultados (que, lémbrese, nom se da desde fai dez anos, cando se fixo a primeira unidade de Podemos con IU).

O caso é que o asunto non está na unidade. A unidade está sobrevalorada e resulta máis un síntoma de impotencia que outra cousa. Baste con pensar que o mellor resultado conseguiuse por separado. A utilidade que sí ten a unidade é a do encobrimento. Co chamado á unidade descártase qué é o que aconteceu na interna das organizacións e pénsase que coa restauración da unidade orgánica, xa virá a unidade electoral. Por iso rifan pola «súa» unidade.