Raimundo Viejo Viñas

Profesor, autor, traductor, editor, ciudadano activo y mucho más.

Mar

26

Galeusca electoral


A variábel nacional no horizonte europeo

O réxime do 78 tensiónase por efecto da crise que hai por resolver. As lexislaturas das tres nacións vanse renovar e a escolla da representación en Europa pode afectar á configuración estatal que deixou o 23 de xullo. Nesta perspectiva a coluna do 19 de marzo pasado reflexionaba sobre o impacto que esta configuración da axenda pode chegar a ter.

De feito, as enquisas seguen a verificar un desprazamento aos nacionalismos de esquerdas; no caso galego coma no vasco, quedando o catalán coma contraponto. Todo sugire que o erro do unilateralismo aínda está a sair caro ao independentismo catalán. No senso contrario, a tendencia de Sumar, carente dunha auténtica federalización, aponta a que se arrisca novamente ao extraparlamentarismo en Euskadi e un resultado por determinar em Catalunya.

Enlace a la fuente original (en galego)