Raimundo Viejo Viñas

Profesor, autor, traductor, editor, ciudadano activo y mucho más.

Jun

26

Liberdade ou liberación?


A coluna de esta semana na Revista Luzes deixa a actualidade por un momento para abordar unha cuestión máis teórica. Nos últimos tempos, na medida en que o neoliberalismo colapsou, a palavra liberdade adquiriu unha centralidade problemática no discurso político. Os neoliberais de onte amosan um despreço absoluto polo significado liberal tradicional, que deixa en suspenso o seu valor deliberativo para além de ser un intrumento de hegemonización da esfera pública.

Porém, isto non significou que no seu lugar progresse o conceito alternativo, abstracto e fortemente normativo, da liberdade republicana. Como desde o primeiro revival republicano até a actualidade, falta umha variável fundamental: o antagonismo. Sem umha teoria política que se inscriba num horizonte de loitas, de pouco val, fora da académia, a idea de liberdade. Para estar operativa tem que incluir umha perspectiva contenciosa, devir nas próprias loitas, ser liberación antes que liberdade.

Enlace à fonte original