Dic
04
A onda que xa medra
- POSTED BY Mundus IN Antagonismos | Artículos periodísticos | Escritos | Movimientos | Política
Desde a volta do verán súmanse xa diversos ciclos de loitas nunha interacción crecente que non semella vaia a disminuir se non é pola chegada do Nadal. As mobilizacións pola vivenda, Altri, a dana, a violencia de xénero, etc., intégranse cada vez máis e de xeito máis sinérxico no marco máis amplo e xeral dunha nova onda de mobilizacións; a IV onda xa desde a instauración da democracia.
Neste artigo para a Revista Luzes, miro de procurar un horizonte de sentido desde unha aproximación xenealóxica á dinámica fractal da contenda política. Son estes tempos de crise, mutación e relanzamento dos antagonismos, polo que non deixa de ser importante ter en conta que vimos dunha longa historia de loitas na que somos porque outros foron para que sexamos.